Este taller ya se ha celebrado. Si quieres estar informado sobre cuándo se volverá a impartir, puedes suscribirte a nuestro boletín en la campana del menú superior.
A quien va dirixido?
- A estudantes de grao, máster ou doutoramento en lingüística e outras áreas de coñecemento próximas.
- A calquera lingüista que traballe habitualmente con corpus.
De que trata o taller?
Este taller consiste en dar os primeiros pasos para aprender a programar. Nel veremos os elementos básicos necesarios para poder programar e orientaremos os exemplos e prácticas ao desenvolvemento de pequenos programas que permitan realizar diferentes tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: estandarización de datos, creación de listas de frecuencias condicionadas, construción de dicionarios, etc.
Que aprenderéi?
Neste taller aprenderás a dar os teus primeiros pasos na programación, o que che permitirá facer por ti mesmo/a, entre outras cosas, pequenos programas para realizar algunhas tarefas relacionadas coa lingüística de corpus: estandarización de datos, creación de listas de frecuencias condicionadas, construcción de diccionarios, etc.
É necesario ter algún coñecemento previo para realizar o taller?
Para sacarlle o máximo partido a este taller recomendamos ter cursado antes o de "Aprendiendo a usar el Terminal", en calquera das súas edicións, aínda que non é imprescidible telo feito para seguir este taller con normalidade. Non é necesario saber nada de programación, xa que xustamente no taller aprenderás a programar desde cero.
Que necesito para seguir o taller?
Para seguir o taller necesitarás un ordenador con Windows 10, Mac OS X o Linux (cualquier distribución), un navegador (Firefox o Google Chrome), o editor Visual Studio Code e unha conexión a Internet capaz de soportar videoconferencia (> 2.5Mbps de descarga y > 1Mbps de subida - Calcular velocidade), auriculares, un micrófono e unha webcam (opcional). Moitos portátiles xa teñen integrados un micrófono e unha webcam que son suficientes para seguir o curso.
Uns días antes do comezo do taller recibirás instrucións para instalar todo o necesario para realizar os exercicios e prácticas que se desenvolverán no taller. Durante a primeira sesión resolveremos os problemas que puideran xurdir ao realizar esta instalación.
Quen será o docente que impartirá o taller?
O docente que impartirá o taller é Mario Barcala, director de NLPgo Technologies, S.L. e docente en diferentes cursos, talleres e seminarios para lingüistas. Mario é doutor en computación, especializado en lingüística computacional, e conta cunha ampla experiencia, tanto no desenvolvemento de aplicacións informáticas na área da lingüística como na impartición de talleres para lingüistas.
Organización
O taller consistirá en 15 horas de emisión por videoconferencia, nas que Mario explicará os conceptos pertinentes e guiará os asistentes na realización de diferentes exercicios prácticos.
Índice de contidos
- Preparación: Instalación das ferramentas necesarias e preparación da contorna de traballo
- Conceptos
- Variables
- Comentarios
- Tipos de datos
- Funcións
- Estruturas de control: condicionais e bucles
- Entrada/salida
- Expresións regulares
- Conclusións
- Bibliografía